miércoles, 23 de diciembre de 2009

II XORNADAS DE DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO MUSICAL GALEGO


O día 19 de Decembro de 2009 clausuramos as II Xornadas de Divulgación do Patrimonio Musical Galego, organizadas pola Aula de Música da Universidade da Coruña. Nesta ocasión estaban dedicadas á figura e á música de Andrés Gaos Berea. O concerto tivo lugar na Igrexa da Venerable Orde Terceira. O programa presentado foi o seguinte:

I

Marcial del Adalid: Serenata para instrumentos de cordas
Juan Montes: Negra Sombra
Manuel Quiroga: Concerto en estilo antigo para violín e orquestra de cordas
Violín solista: Antón Carballo

II

Andrés Gaos: Impresión Nocturna
Andrés Gaos: Suite ao xeito antigo

Dous días máis tarde publicouse unha crítica do concerto no diario La Opinión, da que extraemos algunhas frases:

"Acto musical planteado con gran inteligencia incluyendo cinco preciosas obras de cuatro compositores clásicos gallegos. (...)
Estuvo muy bien la orquesta que dirige Julián Pérez. (...)
En mi opinión, la mayor altura interpretativa se alcanzó en Gaos con dos obras maravillosas (...)
Me gustaron mucho las dos versiones, en especial la de la Fantasía, último tiempo de la Suite. Orquesta y batuta -cuya dirección aquí me pareció especialmente acertada- cosecharon muchos aplausos. (...) Un precioso concierto."

Julio Andrade Malde, La Opinión, 21 de Diciembre de 2009

Desde aquí agradecemos as palabras de Julio Andrade Malde, que nos dan ánimos para continuar traballando e preparando novos proxectos.


No hay comentarios: