martes, 23 de marzo de 2010

PRIMAVERA 2010



Imos cara ó fin de curso e na Orquestra de Cámara da Universidade da Coruña imos afrontar con moito entusiasmo tres compromisos ben distintos:

* Concerto de Clausura do IV Ciclo de Novos Intérpretes da UDC, que terá lugar o 6 de Maio ás 20.30 h. no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, con obras de Händel, Corelli, Mozart, Gaos, Rodrigo e Elgar.

* Dous concertos (15 e 16 de Maio) en Guadalajara e en Alcalá de Henares, invitados pola Orquestra Universitaria de Alcalá. Presentamos unha primeira parte de música galega (Adalid e Gaos) e unha segunda con música relixiosa (Händel, Franck) e fragmentos de óperas (Purcell, Händel e Gluck). Como soprano solista cantará Olga Raíces.

* Concerto de Música Galega o martes 8 de Xuño; interpretaremos obras de Adalid, Montes, Quiroga e Gaos.