A Aula de Música da UDC organizou un concerto no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) en colaboración co Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) e o Concello da Coruña. Desde o noso blogue desexamos agradecer o apoio prestado as institucións, e mesmo á Sra. Concelleira Dna. María Xosé Bravo e a D. Agustín Lorenzo, coordinador xeral do IMCE.
A ORCAM da UDC presentou un programa adicado á música de compositores galegos para orquestra de cordas: Adalid, Montes, Quiroga e Gaos. Xunto a ela interveu Antón Carballo como violín solista, todos dirixidos por Julián Jesús Pérez.