miércoles, 28 de enero de 2009
SAN TOMÉ DE AQUINO 2009
Como vén sendo habitual, o día 28 de xaneiro celébrase a festividade de San Tomé de Aquino na Universidade da Coruña cun acto académico de entrega de premios á excelencia no bacharelato, de entrega de premios extraordinarios de fin de carreira, de entrega dos distintivos aos novos doutores e de entrega de premios extraordinarios de doutoramento. Despois da intervención do Sr. Reitor Magnífico, tivo lugar un breve concerto da Orquestra de Cámara da UDC. A formación estreou o novo arranxo que fixo Irina Moriatova da "Alborada" de Pascual Veiga e interpretou tres fragmentos da "Suite ao xeito antigo" de Andrés Gaos: Canone, Zarabanda e Fughetta.
Etiquetas:
San Tomé de Aquino 2009
jueves, 8 de enero de 2009
CONCERTO DE NADAL 2008
Ao remate do concerto
O 18 de decembro na Igrexa da Venerable Orde Terceira tivo lugar o tradicional Concerto de Nadal 2008 da Universidade da Coruña, que contou coa participación do Coro Universitario e a Orquestra de Cámara da UDC e a colaboración da soprano solista Maite Bárbara, todos eles dirixidos por Julián Jesús Pérez.
O programa interpretado foi o seguinte: iniciamos o concerto con tres breves pezas do Cancioneiro de Uppsala (S. XVI) para continuar cunha mostra de panxoliñas do mundo. En primeiro lugar, unha fermosa armonización de "Los campanilleros" (tradicional de Andalucía) , para seguir coa ucraniana "Schedrik", de Mykola Leontovych (1877-1921) e as doces harmonías de "White Christmas", de Irving Berlin (1888-1989). Finalizamos esta primeira parte cunha panxoliña colombiana: "Velo qué bonito", en arranxo de Luis A. Escobar e adaptación de Dante Andreo.
Na segunda parte presentamos a Suite en Re Mayor de Water Music HWV 349, de G.F. Händel (1685-1759), para continuar con fragmentos de cantatas, de óperas e de oratorios do Barroco e do Clasicismo:
J.S. BACH (1685-1750)
«Jesus bleibet meine Freude », coral da Cantata 147
G.F: HÄNDEL (1685-1750)
« Ombra mai fu » da ópera Xerxes
A.VIVALDI (1678-1741)
Do Gloria en Re Maior
- Gloria in excelsis Deo
- Domine Deus
W.A. MOZART (1756-1791)
« Laudate Dominum » de Vesperae Solennes de Confessore
W.A. MOZART (1756-1791)
« Laudate Dominum » de Vesperae Solennes de Confessore
CORO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
ORQUESTRA DE CÁMARA DA UDC
SOPRANO SOLISTA: MAITE BÁRBARA
DIRECTOR: JULIÁN JESÚS PÉREZ
SOPRANO SOLISTA: MAITE BÁRBARA
DIRECTOR: JULIÁN JESÚS PÉREZ
Etiquetas:
Concerto de Nadal 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)